Thursday 09 de May de 2024

Inés Rey: “O hórreo de San Roque volve estar no lugar que lle corresponde”


Inés Rey subliñou a importancia de recuperar un patrimonio que foi reconstruído pedra a pedra e que levaba dez anos nunha nave
A alcaldesa, Inés Rey, acompañada do edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, da concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, e da veciñanza do barrio visitaron esta tarde o hórreo de San Roque de Fóra, unha peza de tres séculos de antigüidade que foi reconstruída peza a peza no pasado mes de xullo tras más de unha década gardada nunha nave municipal. Para a reconstrución, o persoal técnico utilizou planos e fotografías antigas. A alcaldesa asegurou que a actuación foi demandada polos veciños e veciñas do barrio desde hai tempo, e “despois de dez anos este patrimonio volve estar no lugar que lle
corresponde”.
Inés Rey subliñou a importancia de conservar e manter o patrimonio dos nosos barrios, xa que quedan poucos hórreos deste tipo. “A recuperación deste hórreo é unha mostra das políticas do Goberno local para recuperar e conservar o patrimonio cultural”, dixo. Esta actuación completa a mellora das zonas peonís no tramo comprendido entre a rúa Educación e a Praza da Mariña Mercante.
Esta construción foi desmontada no ano 2009 cando se iniciaron as obras de urbanización en Náutica. “Coa volta do hórreo, o barrio recupera parte da súa esencia e combina historia con futuro, símbolos do barrio con novos espazos de convivencia”, dixo.